
O concello ofrece unha ampla programación vinculada coa eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026
A Coruña será un dos mellores lugares de Europa para gozar da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026. O concello constituíu unha comisión especial de seguimento para lle ofrecer á cidadanía e ao turismo a mellor experiencia posible.
Baixo o lema A Coruña, CidadEclipse, organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación para este acontecemento histórico, que non se vive na cidade dende 1905 e non se repetirá ata o ano 2180.

O 28 de abr de 2026
O 30 de abril o Sol situarase na mesma posición que terá durante a eclipse, o que permitirá facer probas reais de visibilidade

O 16 de mar de 2026
A preinscrición nas actividades, todas elas gratuítas, abriranse este mércores 18 de marzo, ás 9.00 horas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible