Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

100 anos no barrio de Atocha

100 anos no Barrio de Atocha

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2015

Xa rematou

Prezo:

Entrada libre.

Organiza:

La Grande Obra de Atocha - Fillas da Natividade de María

Con motivo da celebración do centenario da chegada da imaxe do Neno Xesús de Uvas e Espigas ao Barrio de Atocha que vai ter lugar o día 16 de maio, levaranse a cabo unha serie de actos simultáneos de carácter cultural e festivo, na contorna do barrio, aberto á participación e goce de toda a cidadanía, realzando e dando a coñecer esta efeméride e, por extensión, a Grande Obra levada a cabo por Baltasar Pardal, figura recoñecida e indispensable na historia da nosa cidade.

 

PROGRAMA

10.00 h

Inauguración do Centenario polo Barrio de Atocha

Pasacalles a cargo do Coro Galego "Cántigas da Terra"

11.45, 12.30, 13.15, 17.20 e 18.00 h

El retrete de Dorian Grey deleitaranos co seu espectáculo Ne me quitte pas, no que recompilan varios dos seus números curtos, nove anos de manipulación máxica, de globos ...

12.00 a 14.00 h

Os Artistas son os nenos (Praza de España)

Animación infantil a cargo de monitores e grupos, con espectáculos e talleres para os máis pequenos. Ambientación da praza con globos de cores, música e contidos dende as pantallas LED.

- Taller de mosaico en miniatura. A partir dun debuxo, elaborado en exclusiva para a ocasión, os nenos/as poderán crear o seu propio mosaico en miniatura.

- Taller de decoración de galletas. Os participantes poderán decorar unha galleta coa súa propia inicial, elaborada con fondant.

- Taller de instrumentos musicais "ReciclArte".

- Taller de bixutería creativa. Desenvolvamos a psicomotricidade fina á vez que creamos divertidas pulseiras.

- Taller de cometas.

- Taller de decoración con pinzas.

- Taller de maquillaxe de fantasía: dous profesionais creando fantasía sobre as caras dos máis pequenos.

- Taller de globoflexia.

12.00 a 14.00 e 18.00 a 19.30 h

Unha palabra, un desexo

Solta de 1.000 globos asinados previamente. A solta terá lugar ás 19.30 h.

18.00 a 19.00 h

Arte na rúa (Capuchinas)

Un pintor situado nunha tarima realizará unha pintura en directo, para goce dos viandantes e espectadores. Ao mesmo tempo actuará un cuarteto de corda e piano.

18.25 a 18.45 h

Arte en movemento (San Nicolás)

Déixate sorprender por unha brillante e orixinal interpretación musical

18.30 a 20.00 h

Mosaico xigante (Praza España)

Realizacion dun mosaico de máis de 300 pezas

Colaboran: Coral La Grande Obra, Coro da Escola Municipal de Música, Aula de Jazz da Escola Municipal de Música, Coro Galego Cántigas da Terra, Coral Polifónica El Eco, Orquestra Xove e Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia

20.00 h

Eucaristía Solemne (Grande Obra de Atocha)

Presidida polo Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela D. Julián Barrio Barrio

Co acompañamento musical de: Coral La Grande Obra, Coro Escola Municipal de Música, Cuarteto de Corda e Piano

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión