#escena muller
Para público en xeral
Dende o 21/11/2018 ata o 23/11/2018
Xa rematou
de balde
CONCELLERIA DE CULTURAS PROGRAMA CULTURA DE BARRIO
SECCIÓNS DO FEM 2018 4ª semana
EXPOSICIÓN : MARIBEL VALDIVIESO
Exposición fotografica no hall da Sala
Artista multidisciplinar que dende a súa mirada amósanos como o obxecto cobra vida para facernos sentir a historia que viviu . A súa
formación autodidacta e en todas as disciplinas plásticas converten a Maribel Vladivieso nunha desas grandes artistas que son
invisibles para o espectador convencional.
Clausura: Dia | 211Novembro Hora | 20:00 Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)
EN COMÚN : JUDIT IGLESIAS
Socióloga, sexóloga, escritora, guionista e presentadora (ademais de gañadora do Gran Hermano 9)
A súa análise da sexualidade e sociedade será o eixo sobre o que exporá unha análise social en feminino
Día | 22 Novembro Hora | 20:00 Lugar | Sala Gurugú
ESCENA : ALDAOLADO con "Con 10 poemas por barba"
O dúo, formado por Lucía Aldao e María Lado, ofrece un recital no que se mezclarán poesía, comedia e música en directo.
'Con dez poemas por barba'pretende chamar a atención de quen mira a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a
lectura de poesía non pode ser algo que durma ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de
poesía ameno , dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademáis un papel activo.
Direccion e Intérpretes: Lucia Aldao e Maria Lado
Dia | 23 de Novembro Hora | 21:00 Lugar | Sala Gurugú (Agra Orzán 3)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible