Estrea de “Bravas. O rexurdir da luz”
Para público en xeral
21/04/2019
Xa rematou
18:00 h
6 € | Menores de 3 anos: 2 € | Abono familiar para tres persoas: 15 €
A Gramola Gominola, flamantes gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018, confírmanse como a mellor banda de rock infantil do momento.
A Gramola Gominola presenta o seu novo traballo de música infantil "Bravas. O rexurdir da luz".
Este espectáculo do auténtico rock&roll pon en valor as superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes.
As súas protagonistas están cheas de aventuras. A Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis utilizan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.
Un concerto roqueiro co público en pé e cornos na man!
Estas son as Bravas, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

13/05/2026
Dende o 06/05/2026 ata o 13/05/2026

14/05/2026
Sesión cancelada por peche da biblioteca

16/05/2026

16/05/2026
Dende o 09/05/2026 ata o 16/05/2026

19/05/2026
Dende o 15/05/2026 ata o 19/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

21/05/2026
Dende o 14/05/2026 ata o 21/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible