Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"A voar" de Cê Orquestra Pantasma, gravado para o Nadal 2020

Espectáculo en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria

A quen vai dirixido?:

Familias

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Dende o 04/01/2021 ata o 23/01/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/01/2021 ata o 23/01/2021

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular.

"A voar" é un espectáculo para nenas e nenos maiores de 3 anos. Conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe na que a súa vida mudará, amosándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen de a nosa vida mellorar. A través desta historia, refórzanse as ideas de liberdade, autonomía e toma de decisións da cativada.

Visible dende o 5 ata o 23 de xaneiro de 2021.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Espectáculo en formato dixital, por mor da pandemia sanitaria.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión