As persoas interesadas terán dende o 19 ata o 30 de xaneiro para solicitar a autorización de uso dun ecohorto
Para público en general
Desde el 19/01/2026 hasta el 30/01/2026
Ya ha finalizado
A publicación no BOP (BOP núm. 10 do 16.01.2026) das bases que regulan esta nova convocatoria de hortos urbanos da comenzo ao procedemento polo que se outorgarán ao redor de 350 autorizacións de uso das parcelas situadas nos parques San Pedro de Visma -que substitúe ao Agra do Orzán-, Novo Mesoiro, Eirís, Adolfo Suárez, Oza e Carlos Casares.
O programa de ecohortos está configurado para permitir o uso ou aproveitamento especial do dominio público local ofertando, para aquela veciñanza interesada na agricultura tradicional, unha opción de lecer saudable. Deste xeito, o Concello pretende crear espazos de convivencia e comunicación interxeracional, fomentar o desenvolvemento de prácticas de agricultura ecolóxica e achegar os veciños e veciñas do mundo urbano ao coñecemento e os valores do mundo rural.
Esta edición do programa está deseñada para o uso dos terrenos por parte de persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro e centros de ensino. O uso individual das hortas quedará reservado para os parques de Visma, Novo Mesoiro, Eirís e Adolfo Suárez, e o uso colectivo dos terrenos desenvolverase nos parques de Oza e Carlos Casares.
As parcelas distribúense do seguinte xeito:
- San Pedro de Visma: 120 parcelas individuais
- Novo Mesoiro: 36 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Eirís: 81 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Adolfo Suárez: 75 parcelas individuais, 1 parcela de uso común
- Parque de Oza: 13 parcelas
- Parque de Carlos Casares: 12 parcelas
Por mor das obras realizadas, o número total de parcelas poderá sufrir algunha variación. En todo caso este número quedará definido con carácter previo á adxudicación definitiva dos hortos, sen que a cifra provisional outorgue dereitos ás persoas solicitantes. Cada unha das parcelas de cultivo terá asignado un número.
Como novidade, nesta convocatoria só se permitirá un horto por unidade familiar, integrada por aquelas personas que convivan e estean empadronadas no mesmo domicilio. Todos os autorizados terán o seu correspondiente carné que deberán levar á vista sempre que estean no horto.
Non poderán presentar solicitude as persoas usuarias que tiveron un horto noutra convocatoria cuxo uso foilles revogado por non atendelo debidamente ou non cumprir as normas. Neste sentido, amplíanse os supostos considerados como faltas leves, graves ou moi graves ao contemplar novas circunstancias: o roubo, o traballo do horto por persoas alleas, o cultivo de varias parcelas na mesma unidade familiar ou o uso de produtos prohibidos, entre outras. Atendendo á gravidade das infraccións, introdúcese a posibilidade de sancionar e revogar o horto simultaneamente.
As persoas interesadas que cumpran as esixencias previstas na convocatoria poderán presentar a solicitude e a documentación complementaria no rexistro xeral do Concello da Coruña (rexistros do Forum, Ágora, María Pita e r/Franja) ou a través de calquera das outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Tamén se poderan presentar a través da sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es. Ó formulario irá dirixido ao Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña que instruirá o procedemento.
O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 19.01.2026 ata o 30.01.2026). Non se admitirán as solicitudes presentadas fóra de prazo.
Unha vez adxudicadas as parcelas previstas, as persoas solicitantes que non resultasen adxudicatarias pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda existente para cada parque, mantendo a mesma orde de prelación empregada nas adxudicacións.Tanto a relación provisional como a definitiva, así como as listaxes de agarda, publicaranse na páxina web municipal e poderanse consultar en calquera momento a través do enlace Ecohortas, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Nesta ocasión as bases contemplan que os usuarios que tiveran autorización de uso vixente dunha parcela no parque do Agra do Orzán -desaparecido por mor das obras no Sector II de San Pedro de Visma- terán preferencia e dereito a compensar o tempo non disfrutado no novo parque de San Pedro de Visma.
A duración da autorización comenzará ao día seguinte da publicación da resolución das adxudicacións iniciáis na páxina web do concello ou, no seu caso, das notificacións individuais e, en todo caso, rematará o 31 de decembro de 2029.
Pódense consultar as bases da convocatoria e obter os formularios de solicitude nesta ligazón.
Desde el 06/03/2026 hasta el 20/03/2026
Desde el 23/02/2026 hasta el 08/04/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible