As persoas interesadas terán dende o 6 ata o 20 de marzo para enmendar as solicitudes presentadas en xaneiro deste ano
Para público en xeral
Dende o 06/03/2026 ata o 20/03/2026
A publicación no BOP (BOP núm. 10 do 16.01.2026) das bases que regulan esta nova convocatoria de hortos urbanos deu comenzo ao procedemento polo que se outorgarán ao redor de 350 autorizacións de uso das parcelas situadas nos parques San Pedro de Visma -que substitúe ao Agra do Orzán-, Novo Mesoiro, Eirís, Adolfo Suárez, Oza e Carlos Casares.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e logo de ser revisadas, procédese á publicación da listaxe provisional de persoas admitidas, excluídas e pendentes de emenda, indicando en cada caso o motivo da súa situación.
As unidades familiares nas que figuren persoas en situación de "pendente", deberán emendar no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da presente listaxe provisional, polos motivos que en cada caso se indican co símbolo !.
Nalgúns casos a documentación achegada non resultou válida polos seguintes motivos:
No suposto de que a persoa que teña que emendar sexa a persoa solicitante e non o faga no antedito prazo, entenderase que desiste da súa petición xunto coa súa unidade familiar nos termos previstos no art. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Pola contra, cando a perosa solicitante figure como admitida, só serán excluídas aquelas persoas autorizadas cuxa documentación non sexa debidamente emendada.
Dende o 23/02/2026 ata o 08/04/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible