Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Abrir unha práctica escénica

Con Rut Balbís e Laura Villaverde

A quen vai dirixido?:

Maiores de 60 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2015

Xa rematou

Horario:

17.30 h.

Duración:

1 h. 30 minutos.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Previa inscrición: No propio Fórum Metropolitano ou por correo electrónico na dirección: trcdanza@gmail.com (Prazas limitadas).

Contacto:

Fórum Metropolitano 981 184 293.


Abrir unha práctica escénica é unha clase práctica onde tratar as claves da composición escénica de forma participativa. Un lugar onde xogar a ser directores de escena e investigar como se deciden os distintos elementos dunha creación de danza ou teatro contemporáneo coa vontade de entender mellor os segredos da construción escénica.

Rut Balbís é unha coreógrafa, intérprete e profesora de danza contemporánea, ademais de directora da compañía de danza galega Pisando Ovos. Nos máis de dez anos de vida da compañía os seus traballos atoparon un notable recoñecemento, participando en numerosos programas e festivais internacionais dentro do panorama actual das artes do movemento.

Laura Villaverde é actriz e creadora, así como integrante da compañía de teatro galega ArtesaCía, unha compañía nada entre Galicia e Nova York, da que destaca a interesante mestura de elementos audiovisuais nos seus últimos traballos escénicos que están a ser moi ben acollidos nos distintos encontros e festivais dos que participan. En paralelo ao traballo de ArtesaCía, Laura Villaverde acostuma participar nos procesos creativos da recoñecida compañía SITI Company de New York.


Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión