Taller para familias que permitirá explorar a creatividade no espazo escénico.
Familias
Familias, Para público en xeral
08/10/2026
18.00 h
90 min
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
30 persoas
Entrada gratuíta
Inscrición a través do seguinte FORMULARIO por rigorosa orde de rexistro.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Instagram: @trcdanzamediacion
Nesta actividade as familias vivirán o teatro dunha maneira particular: entrarán no espazo escénico para percorrelo, manipulalo e facelo seu. A través do corpo, do movemento, do xogo e dos obxectos, as familias converteranse en participantes activos e en donos e donas temporais dese territorio. Poderán experimentar, inventar e descubrir que sucede cando non reciben todas as respostas nin todas as instrucións.
A sesión parte do traballo realizado nos encontros de ABURRIMENTO vinculados ás axudas REGO, pero dá un paso máis cara a futura peza escénica. Ademais de vivir unha experiencia artística, as familias participarán no seu proceso de creación: as súas reaccións, decisións e maneiras de relacionarse co espazo axudarannos a investigar e construír o espectáculo que está por vir.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible