Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

ACORDA de Mariña Carracedo, Lucas Terceiro, Uxía

A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros proxecta no Fórum Metropolitano o documental "Acorda".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/12/2023

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Contacto:

Rúa Mercé, 56 Baixo (15006 - A Coruña)

Tel: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

Elenco: Queta Molas, Telmo Comesaña, Sheila Patricia, Lois Pérez

Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia e esperanza. A nosa memoria esperta e renace nos lugares, na xente...

Sinopse. No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento, quixo roubarnos a choiva. A historia escríbea quen gana, pero outras historias seguen escribíndose tamén. Hoxe, coma quen esperta tras un longo soño, volvemos a algún dos lugares onde habitou o silencio, o medo, a perda, e enchémolos de música, cancións e palabras. O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra propón unha emocionante viaxe á memoria da man do poeta e narrador Lois Pérez e da cantante Uxía, que reúne algunhas das voces máis representativas de Galicia para ilustrar historias de loita e dignidade.

Idea orixinal: Departamento de Memoria histórica da Deputación de Pontevedra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión