Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Actividades celebración día internacional do patrimonio.

Todas as actividades son gratuítas. As do día 18 requiren inscrición previa, por orde de chamada ata completar aforo, no teléfono do Museo: 981 189 850 (de martes a sábado de 10 a 19:30 h) Apertura prazo de inscrición: mércores 08 de novembro ás 10 h.

A quen vai dirixido:

Infancia, Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/11/2023 ata o 18/11/2023

Xa rematou

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

17 de novembro de 2023:

Conferencia: "Escavación do galeón Santiago de Galicia, na ría de Ribadeo. Arqueoloxía submarina e musealización", por Miguel San Claudio.

Organiza: Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña

Hora: 20:00 h.

Sen reserva previa, por orde de chegada ata completar aforo.

18 de novembro de 2023

Xornada de portas abertas: Sábado 18 de novembro de 10:00 a 19:30 h

1. Visitas guiadas:

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

Horas: 12:00 e 17:00 h.

Duración aprox.: 1 h e 15 m.

Público: adulto

Prazas: 25

2. Obradoiros infantís:

2.1. ArqueoLAB

Entraremos na sala de investigación do castelo de San Antón para coñecer o rico patrimonio cultural que alberga o Museo. Mediante a manipulación de réplicas arqueolóxicas, conseguiremos achegarnos ao minucioso e interesante traballo que len acabo as e os profesionais que se encargan de protexer e conservan o patrimonio arqueolóxico.

Hora: 11:45 h.

Duración aprox.: 1h e 30 m.

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

2.2. Xincana patrimonial

A rapazada achegarase, a través de diferentes xogos grupais, ao rico patrimonio arqueolóxico que se amosa nas vitrinas do castelo de San Antón. Unha ruta participativa na que ademais de descubrir os obxectos, coñecerán o traballo realizado polas persoas que conservan as pezas milenarias.

Hora: 16:30 h.

Duración aprox.: 1h e 30 m.

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

3. Obradoiro para adultos:

Orixinal ou réplica?

Durante o transcurso da actividade achegarémonos ao traballo de conservadoras e restauradoras para coñecer os procesos que se levan a cabo sobre os diferentes obxectos arqueolóxicos para que luzan nas vitrinas dos nosos museos. Veremos como foron mudando os procedementos de restauración e poñeremos en práctica algunhas técnicas para a experimentación individual.

Hora: 18:00 h.

Duración aprox.: 1h e 30 m.

Público: adulto

Prazas: 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión