Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Actividades no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

Actividades no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

A quen vai dirixido:

Infancia, Para público en xeral

Cando:

17/01/2026

Inscricións:

Se se quere asistir ás actividades, é necesario inscribirse

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Prezo:

Todas as actividades son gratuítas con previa inscrición nas ligazóns indicadas en cada unha delas.

Organiza:

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña

Contacto:

981 189 850

museo.arqueoloxico@coruna.gal

Na programación deste ano viaxaremos ao pasado para profundar no tratamento da saúde e as súas cuidades na antiguedad e na Idade Media co evento A saúde antes de agora. Será o vindeiro sábado 17 de xaneiro, xornada na que hai prevista unha ampla axenda de actividades.

1. Visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de S. Antón.

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.

Día: 17 de xaneiro ás 12.00 h

Duración aprox.: 1 h e 30 min

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado de 10 a 19.00 h)

2. Obradoiros:

2.1. Obradoiro infantil: Enfermar e sanar no pasado

Durante o transcurso da actividade viaxaremos ao pasado para descubrir as doenzas e coñecer que pensaban sobre o cuerto e a saúde. Aprenderemos sobre os remedios elaborados con plantas e as crenzas especiais que empregaban para curarse cando non existían médicos nin hospitais como os de hoxe. Achegarémonos á exposición do museo para observar os restos arqueolóxicos que chegaron ata nós e xa por último, experimentaremos para elaborar un remedio caseiro que poderemos levar a casa.

Día: 17 de xaneiro ás 11.45 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 20

Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/saude26/

2.2. Obradoiro adultos: Enfermidades, un vistado ao pasado

Propoñemos un percorrido polas diferentes enfermidades que arrasaron as diferentes sociedades ao longo da historia. Analizarase como se entendía o corpo humano e a orixe das enfermidades e das grandes pandemias. Tamén falaremos dos métodos de curación empregados, rituais e crenzas relixiosas. Para terminar, reflexionaremos sobre a evolución do medicamento e a súa relación coas prácticas actuais.

Día: 17 de xaneiro ás 17.00 h

Duración aprox.: 1 h 30 min

Público: a partir de 16 anos

Prazas: 15

Reserva na seguinte ligazón: hthttps://ticketing.coruna.gal/arq/enfermidade26/

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión