Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña- Decembro 2025

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de decembros, especialmente dirixidas para o público infantil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

E-correo: reservascor@muncyt.es

DÍA DA AVIACIÓN CIVIL INTERNACIONAL

  • TALLER "AVIÓNS DE PAPEL II" Sábado 6 de decembro ás 12:00 h. (90 min.). Público familiar (a partir de 8 anos). Reserva previa.
  • TORNEO "AERONAUTAS DE PAPEL" Sábado 6 de decembro, ás 13:15 h. Público infantil (a partir de 8 anos).

TALLERES INFANTÍS

Sábados e domingos e a diario en Nadal (consultar días de peche do museo) ás 11:15 h. Público infantil (6-12 anos).

  • Adornos do Nadal: Os fins de semana previos ao Nadal (días 6, 7, 13 e 14), poderedes crear diversos tipos de adornos do Nadal e pequenos xoguetes por medio de manualidades, papiroflexia, pequenos circuítos eléctricos, etc.
  • Gabinete de curiosidades: Do día 20 ao 28, poderedes acceder ao do Museo, no que probar instrumentos e levar a cabo actividades propias de cada área destes cuartos de marabillas: xoguetes precinema, observacións con microscopios, crear fósiles, etc.
  • Xogos XL: Do 30 ao 4 de xaneiro, talleres cos xogos de construción de gran tamaño do sistema Lupo ou as Cúpulas de Leonardo para poñer en práctica de maneira divertida construción, equilibrio, funcionalidade e deseño, ademais de aprender sobre historia e arte.

Yincanas familiares. Sábados ás 13:15 e 18:00 h., domingos ás 13:15 h. En Nadal, a diario ás 13:15, 16:00 ou 18:00 h., segundo horario de apertura. Público familiar (6-12 anos). Acceso a través dos dispositivos móbiles dos participantes.

DESAFÍOS MUNCYT

Sábados 6 e 13 e domingos 7 e 14 ás 13:15 ou 18:00 h. Xogos de pistas por equipos para que os participantes aprendan sobre historia da ciencia e a tecnoloxía, seguindo diversos fíos temáticos e superando as probas relacionadas coa colección do museo. Nota: Acceso ao xogo a través dos dispositivos móbiles dos participantes.

CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES

Sábados 6 e 13 e domingos 7 e 14 ás 12:30 ou 17:00 h. Visitas ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos de sálgaa S. XX. Na visita familiar, percorrerán a colección de cinema e son e, tras o percorrido, un xogo de pistas e unha actividade participativa.

ESPECTÁCULO FAMILIAR "GABINETE MIRABILIA" DE PABLÍSIMO

Martes 23 de decembro, a as12:30 h. Aquí poderás apreciar pezas peculiares, rarezas, marabillas e curiosidades incribles.

Público familiar (a partir de 5 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes ata o inicio da actividade, en caso de quedar prazas libres.

ESPECTÁCULO FAMILIAR "IDEA" DE TARABELA AMBULANTE

28 de decembro ás 12:30. Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento ¡convértese en idea! O seu pensamento toma forma de muíño de cores de 2,20 m que, ao virar, fará que se lle ocorran unha chea de ideas mentres xoga na súa habitación.

Público familiar (a partir de 5 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes ata o inicio da actividade, en caso de quedar prazas libres.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión