Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de febreiro, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/02/2026 ata o 28/02/2026

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

Documentos:

Axenda febreiro (pdf) (420 KB)

11F. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A ONU proclamou este día internacional co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. No museo están programadas actividades que teñen como obxectivo visibilizar as mulleres científicas, proporcionar roles femininos en ciencia e tecnoloxía e fomentar vocacións científicas entre as máis novas. O museo organiza varias actividades o día da conmemoración e durante as fins de semana.

  • CHARLAS E TALLERES 11F PARA CENTROS EDUCATIVOS. Semana do 11 de febreiro. Público de centros educativos, con reserva previa. Durante a semana do 11 de febreiro o museo organizará en colaboración coa Universidade da Coruña charlas e talleres impartidos por científicas e enxeñeiras, profesoras e investigadoras da Facultade de Informática e da facultade e do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil e do grupo gCons da Universidade da Coruña, como mostra da relevancia de mulleres neste ámbito e motivar o alumnado nas vocacións científico-tecnolóxicas.
  • ESPECTÁCULO "ORILO E ARLEQUINA E AS GRANDES CIENTÍFICAS" DE BIGVAN CIENCIA. Sábado 14, ás 11:30 h. Público familiar (a partir de 4 anos), con reserva previa. Clowntifics, os personaxes creados para público infantil pola compañía BigVan Ciencia, desentrañan conceptos como a materia escura, as enerxías renovables ou o descubrimento do ADN para dar a coñecer a científicas e inventoras. BigVan Ciencia é un grupo de persoas dedicadas á ciencia e a investigación co obxectivo de transformar a comunicación científica en actividades atractivas para todo tipo de públicos. A través das artes realizan educación, divulgación e comunicación da ciencia.
  • CHARLA CICLO CORBI CON VERÓNICA BOLÓN. Mércores 25, ás 19:30 h. Público xeral, entrada libre ata completar a capacidade. O ciclo CORBI unirase á celebración do 11F por medio dunha charla impartida por unha investigadora no ámbito da bioinformática, co obxectivo de dar a coñecer referentes femininos en distintos ámbitos da ciencia. A charla será impartida por Verónica Bolón, enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña, onde é profesora titular e investigadora en intelixencia artificial. É académica de número da Academia Joven de España e académica correspondente da Real Academia de Ciencias. Entre outros recoñecementos, foi galardoada co Premio Nacional de Investigación "María Andresa Casamayor" en 2024. Tamén está moi comprometida co fomento das vocacións científico-tecnolóxica entre as nenas, e coordina o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM.

TALLERES INFANTÍS

Os sábados, a través de sinxelos experimentos e actividades STEAM, falaredes da historia e dos descubrimentos de científicas e inventoras para achegar as/os participantes á ciencia detrás dos seus logros. E os domingos aprenderedes en que consiste o son, as ondas electromagnéticas, circuítos electrónicos para que funcione unha radio ou os sons de diversas máquinas utilizando tarxetas electrónicas. Sábados e domingos ás 11:15 h. Público infantil (6-12 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes.

CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES

Visita ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos de sálgaa S. XX. Na visita familiar, percorreredes a colección do museo seguindo o fío temático de diversas mulleres científicas e inventoras, incluíndo no percorrido un xogo de pistas e unha actividade participativa. Sábados e domingos ás 12:30 ou 17:00 h, segundo o horario de apertura. Publico xeral e familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes.

XINCANAS FAMILIARES

Xogos de pistas sobre a historia da radio e diversos aparellos que usan esa tecnoloxía. Acceso a través de dispositivos móbiles das e dos participantes. En equipo, poñeredes a proba as vosas dotes detectivescas para descubrir a colección do museo resolvendo enigmas e probas nunha divertida xincana. Sábados ás 13:15 e 18:00 h, domingos ás 13:15 h .Público infantil (6-12 anos) Reserva previa ou no despacho de billetes.

EXPOSICIÓN TEMPORAL "A CORUÑA: PORTO NEGREIRO"

Exposición no marco do proxecto "A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade", que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e do papel que o seu porto desempeñou no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. A través de documentos, imaxes e voces diversas, a mostra revela as conexións entre progreso e violencia, así como as rutas, fortunas e silencios que sostiveron a trata durante os séculos XVIII e XIX. O percorrido convida a recoñecer as pegadas deste pasado na arquitectura, a economía e o imaxinario urbano, e a reflexionar sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente. A exposición formúlase como un exercicio de memoria crítica que interpela á cidade e a quen a habita, cuestionando os relatos hexemónicos e abrindo espazo a aquelas historias que foron sistematicamente silenciadas. En diálogo coas migracións contemporáneas e as desigualdades históricas, a mostra propón repensar a relación entre pasado colonial, identidade e xustiza social. Ata o 22 de febreiro. Sala Maiúsculas.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión