AMAR, BEBER E CANTAR é un belo e jubiloso filme testamento do aclamado director francés ALAIN RESNAIS.
Para público en xeral
Dende o 10/02/2022 ata o 12/02/2022
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00€
Descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€
Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Na campiña inglesa de Yorkshire, a vida de tres parellas transfórmase durante algúns meses, de primavera a outono, polo comportamento enigmático do seu amigo George Riley. Cando o médico Colin ensina por descoido á súa muller Kathryn que os días do seu paciente George Riley están contados, ignora que el foi o primeiro amor de Kathryn. O matrimonio, que interpreta unha obra de teatro xunto ao seu grupo amateur local, persuaden a George para que se una a eles.
AMAR, BEBER E CANTAR é un belo e jubiloso filme testamento do aclamado director francés ALAIN RESNAIS (Hiroshima mon amour, Noite e néboa, O ano pasado en Marienbad), que se alzou no Festival Internacional de Berlín 2014 co Premio Alfred Bauer á innovación artística e co Premio FIPRESCI da Crítica Internacional. Esta risueña comedia é unha homenaxe ao teatro, interpretada por un elenco de grandes actores franceses. Unha celebración da vida que pon á súa vez fin á carreira cinematográfica, repleta de obras mestras, do mestre Resnais.
Con: Sabine Azéma, e André Dussollier
2014 | Francia | 108 min
VENDA DE LOCALIDADES

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible