Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Alejandro González Pascual 1930-1993

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta unha exposición dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega. Esta mostra continua a serie de exposicións monográficas organizadas polo Museo dedicadas a diferentes pintores galegos, como as realizadas anteriormente sobre Tino Grandío, Antonio Tenreiro, Manuel Colmeiro, Felipe Criado e Alfonso Sucasas.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 18/11/2021 hasta el 27/02/2022

Ya ha finalizado

Dirección:

Museo de Belas Artes. Calle Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Organiza:

Museo de Belas Artes da Coruña

A mostra antolóxica compónse de preto dun centenar de obras procedentes na súa meirande parte de coleccións privadas, moitas das cales expóñense por primeira vez, e ás que se suman pezas cedidas por institucións coma Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Delegación do Goberno en Galicia, o Museo Provincial de Lugo, a Real Academia Galega ou a Colección de Arte Abanca.

A selección das obras realizouse desde o Museo de Belas Artes da Coruña en estreita colaboración coa filla do pintor, Blanca González Docampo.

A produción pictórica de Alejandro González Pascual evoluciona desde a representación dun mundo exterior con paisaxes montañosas, ata mergullarse nunha esfera do interior, en domésticos bodegóns; pasando polo microcosmos dos bosques a través de troncos, toradas e raíces. Todo iso cunha proxección lumínica que vai mudando dun tenebrismo inicial cara a unha ampla luminosidade.

As pezas presentadas nesta exposición estrutúranse en catro grandes bloques, baseados na súa reiteración de temas. Así, Natureza, Bodegón, Estudio e Retrato recollerán os exemplos que permitirán achegarse á obra e á atmosfera de González Pascual, un mundo repleto de lirismo, sutileza e autenticidade.

A exposición acompañarase dun amplo catálogo que contará con artigos de Xavier Seoane e Luís Rei, que trazarán unha análise da traxectoria artística do pintor. Completarase coas obras que comprenden a mostra antolóxica.


O ARTISTA

Alejandro González Pascual (1930-1993) naceu na Coruña en 1930, polo que a súa infancia e xuventude se viron marcadas polas consecuencias dun contexto de guerra. Considerado un artista autodidacta, asistiu a clases na Escola de Artes e oficios da Coruña e, posteriormente, a súa curiosidade intelectual fíxolle entrar nos círculos artísticos coma o Círculo Bach da Asociación de Cultura Iberoamericana, dirixido polo pintor José María de Labra; e tamén participar en faladoiros coma a tertulia do bar Casa Enrique da Coruña, chegando así a relacionarse con personaxes e escritores da revista Atlántida, na que colabora.

A súa primeira exposición ten lugar na Galería "Lino Pérez" da Coruña, no ano 1954, unha mostra na que reflicte a súa vocación vangardista e o desexo de achegarse ás tendencias artísticas europeas. Tras o seu matrimonio con Blanca Docampo, na década de 1960 comeza un proceso de evolución individual e independente co que inicia tamén unha etapa de plena madurez artística.

A exaltación que sinte ante a natureza converte á paisaxe no instrumento expresivo principal da súa obra, nuns anos nos que constrúe unha pequena casa xunto ao río Mera (Ortigueira), e comeza a centrarse nas árbores e os troncos, dando lugar a diversas etapas con elementos repetitivos con fondos escuros, cheos de sombras, e obxectos fortemente iluminados.

Progresivamente, vai dispoñendo os troncos das árbores coma se de naturezas mortas se tratasen, anunciando xa o bodegón, tema no que se centrará nos últimos anos da súa vida xunto coas escenas de interiores, recreando espazos repletos de luz.

Falece en 1993 na Coruña, cidade na que se celebrou unha exposición antolóxica no Kiosco Alfonso, no ano 1997.

Con esta actual mostra o Museo de Belas Artes da Coruña quere aportar unha renovada visión da  obra e da traxectoria artística deste recoñecido pintor coruñés.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión