Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición fotográfica HELMUT NEWTON - FACT & FICTION

Despois das exposicións dedicadas a Peter Lindbergh e Steven Meisel, A Coruña volve ser testemuña do traballo dun dos fotógrafos máis recoñecidos internacionalmente. A mostra ‘Helmut Newton – Fact & Fiction’, impulsada pola Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP) no Porto da Coruña, ofrece unha perspectiva emblemática da vida e obra do lendario fotógrafo xermano-australiano dispoñible para a súa visita gratuíta ata o próximo 1 de maio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/02/2024 ata o 01/05/2024

Enderezo:

Peirao de Batería. Peirao de Batería.

Organiza:

Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP)

Ao longo das súas seis décadas de carreira, Helmut Newton chegou a ser considerado un dos fotógrafos máis importantes do mundo. Prolífico creador de imaxes e auténtico visionario, segue exercendo aínda hoxe en día unha grande influencia na fotografía moderna e nas artes visuais, o que supón un gran valor cultural e dimensión internacional albergar esta mostra na Coruña. A elección de fotografías que conforma a exposición inclúe as súas icónicos "grandes espidos" e os inesquecibles retratos de persoaxes excepcionais como Andy Warhol, David Bowie, Margaret Thatcher, Charlotte Rampling, Elsa Peretti, Daryl Hannah, Jerry Hall, Naomi Campbell, Yves Saint Laurent e Karl Lagerfeld. Como contrapunto as súas imaxes máis soadas, a exposición contén exemplos de paisaxes "menos coñecidas", descubrindo a cara máis íntima do artista a través dunha serie de vídeos e imaxe persoais e outros documentos como carteis, cámaras e equipos, accesorios, obxectos curiosos e recordos. Este proxecto está impulsado en colaboración coa Fundación Helmut Newton e comisariado por Philippe Garner, Matthias Harder e Tim Jefferies.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión