Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

ANDRÉS SUÁREZ - Lúa

O cantautor ferrolán ANDRÉS SUÁREZ presentará o seu novo disco “Lúa” o día 27 de novembro (20:30 horas) no Palacio da Ópera da Coruña, sendo o representante galego nesta edición 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2026

Venda de entradas desde o 11 de agosto de 2026 ás 11.00 h

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

Desde 30,00 €

Requisitos:

Non se admiten cambios nin devolución de entradas.

Páxina web:

https://www.palaciodelaopera.com/agenda/

Organiza:

Cávea Producións e Terra Music

LÚA: O novo disco de Andrés Suárez

A travesía dunha noite sen lúa cara á luz

Andrés Suárez titulou o seu décimo álbum cunha palabra cargada de simbolismo e beleza: Lúa.

Neste caso, trátase dunha lúa negra que representa a longa travesía emocional que realizou desde a escuridade ata atopar a luz. Este traballo naceu dun momento doloroso da súa vida e, ao mesmo tempo, dun proceso de sanación co que logrou renacer, como cando brotan as flores da jacaranda en México coa chegada da primavera.

Chegou o cambio de lúa, o amor, un novo comezo. De todo iso constrúe o que, seguramente, sexa o traballo máis rico da súa carreira: dacabalo entre o músico de onte, o de hoxe e o que mira ao futuro coa ilusión recentemente acesa.

Lúa narra esa viaxe do desamor ao amor e cobra aínda máis sentido cando se escoita de principio a fin, como quen le un libro, percorrendo unha historia chea de contrastes emocionais e musicais. Comeza co corazón en mil pedazos e termina co corazón latexando de novo. Co obxectivo de salientar cada estado, xoga coa paleta sonora e a instrumentación.

Está presente ese son de banda, influencias latinoamericanas, aínda que tamén hai un regreso ao seu pasado sonoro, con temas que poñen o peso na súa vella guitarra, na madeira, e afástanse de calquera programación electrónica. Aquí hai canción de autor, baladas, pop-rock e mesmo unha bachata -unha novidade na súa discografía-.

As seis primeiras cancións parten da ferida, do despeito, a rabia e a dor.

A súa voz, coa que xoga máis que nunca, parece chorar nalgúns momentos: crébase, doe. As seguintes nacen dun namoramento inesperado en México, país que se converteu nun alicerce esencial para el. Destilan amor, erotismo, esperanza, respecto ou festa. O seu canto se dulcifica e celebra, cheo de luz.

Neste disco, como adoita ser habitual na súa traxectoria, son importantes as viaxes que alimentan a súa pluma. As referencias xeográficas enmarcan as historias: de Galicia a Cabo de Gata (Almería) ou México. Nesta ocasión, cobran unha forza especial os aeroportos, onde sucede algo tan antagónico e profundo como un reencontro ou unha despedida, e que o músico galego converte en canción.

En total, doce temas conforman o álbum, e moitas outras cancións -froito dun momento de inspiración especialmente fértil - agardan na maleta para futuras viaxes.

A Lúa de Andrés Suárez atravesa a noite máis longa e, alén, atopa o amencer. Unha lúa que, como a de Federico García Lorca, non só aluma: tamén vixía, inspira e sangra. Este disco é un espello no que todos, dalgún modo, vémonos reflectidos.

As súas cancións lémbrannos que a lúa negra non dura para sempre e que volverá florecer, como cada primavera, a flor da jacaranda

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Pza Ourense: de luns a venres excepto festivos de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Venda no despacho de billetes do Palacio de Opéraa: unicamente día de concerto.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión