Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Antonio Seijo & Skylight , "Tributo al Pop"

Un concerto que nos fará gozar cun percorrido polos anos 80 e 90 con temas tan coñecidos como "I will survive" de Gloria Gaynor, "La dolce vita" de Ryan Paris ou "The Show must go on" de Queen

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/06/2016

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Antonio Seijo, ex-compoñente do grupo Milladoiro, profesor de música do CMUS de Pontevedra, que formou parte da banda de Julio Iglesias, e colaborou con artistas tan coñecidos como Bonnie Tyler, Tom Jones ou La Unión, preséntanos xunto ao seu grupo Skylight, o seu novo espectáculo titulado ‘Tributo al Pop'. Un concerto que nos fará gozar cun percorrido polos anos 80 e 90 con temas tan coñecidos como ‘I will survive' de Gloria Gaynor, ‘La dolce vita' de Ryan Paris ou ‘The Show must go on' de Queen, entre outros, un espectáculo co cal está a recibir críticas inmellorables por parte do público e da prensa. Con case mil exemplares vendidos do seu último traballo discográfico ‘Tributo al Pop', Antonio Seijo & Skylight énchennos de maxia transportándonos coa súa música a eses anos tan marabillosos lembrándonos a nosa mocidade.

Neste concerto Antonio Seijo & Skylight non estarán sós, acompañaraos o recoñecido gaiteiro e frautista Óscar Ibañez, profesor en Educación Musical (UVI), especialista Universitario en Música Tradicional Galega (USC), Especialista Universitario en Arquivística (UNED), Máster en Xestión da Documentación Musical (UAM) e Grao Profesional LOE na especialidade de gaita, que percorreu Europa e América coa súa música e a súa maxia. Tamén estará xunto a eles o inigualable grupo Ménage à Trois formado por grandes artistas que traballaron por varios continentes e pertenceron a recoñecidas formacións, tras percorrer os mellores festivais de Europa, preséntannos ‘Migajas', un EP que é a antesala do seu novo traballo discográfico, onde nos sorprenderán coas súas fusións e o seu estilo único e incomparable bautizado como swingrock. Tamén estará Diana Tarín, grande artista internacional e semifinalista do programa de televisión ‘La Voz', que os acompañará antes da súa xira 2016 por Europa e América Latina, deleitándonos coa súa marabillosa e inigualable voz coa que nos fará vibrar e gozar.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión