Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Apocalípticamente correcto - Luís Piedrahita

Un enxeñoso monólogo sobre a liberdade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 12/11/2026, 13/11/2026

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 24,00 € / Platea visibilidade reducida: 20,00 €

Palco: 24,00 €

Principal: 22,00 €

1ª fila de principal (visibilidade reducida): 18,00 €

* Desconto do 20% para carné novo, maiores de 65 anos, personals desempregadas

* Desconto do 25% para familia numerosa

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/en-escea/

Organiza:

Etiqueta Negra

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

O ser humano sempre desexou facer o que lle dá a gana, pero ¿é iso posible ou o noso destino está escrito e non podemos cambialo?

Luís ironiza sobre o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre as auto caravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de estradas.

Neste monólogo Piedrahita arremete coa furia destrutiva dun cachorro contra temas como as anguías eléctricas, a lanuxe púbico, o leite de soia, a choiva ou a liberdade de expresión.

Son temas controvertidos, pero Luís non teme a nada. ¿Por que? Pois porque o medo espanta a risa e, de modo recíproco, a risa espanta o medo.

Un monólogo cun chisco de maxia, imprescindible para entender a orixe dos nosos medos e as nosas esperanzas.

Unha peregrinaxe a zancada de jilguero polas praderías do absurdo, o surrealismo e a imaxinación. ¿Que sentido ten todo isto? Ningún. Pero ninguén pode dicirlle nada a Piedrahita porque el fai isto por unha soa razón: Porque lle dá a gana. Está escrito e non podemos cambialo.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes Teatro Colón: desde dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

  • Cartaz

    Ciclo Principal: Los dos Hidalgos de Verona

    Cando:

    Dende o 05/06/2026 ata o 06/06/2026

  • Amoriños 2026

    Amoriños – Touriñán e Perdomo

    Cando:

    Dende o 05/06/2026 ata o 07/06/2026

  • “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma

    “Fíos do querer”, de Cé Orquestra Pantasma

    Cando:

    09/06/2026

    Inscricións:

    Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • A voar, de Cé Orquestra Pantasma

    "A voar", de Cé Orquestra Pantasma

    Cando:

    10/06/2026

    Inscricións:

    10/06/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • O club de teatro María Casares presenta O Cantar de Rui Díaz (O da Grela)

    Teatro: O Cantar de Rui Díaz (O da Grela)

    Cando:

    11/06/2026

  • Cartaz

    Iribarne: Xira despedida

    Cando:

    Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión