Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Arquitecturas" de Mila Vázquez

Arquitecturas é o titulo desta colección coa que a artista Mila Vázquez se presenta de forma individual, na Casa Museo Casares Quiroga, na cidade herculina. INAUGURACIÓN 8 de setembro as 20.00 h

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/09/2016 ata o 30/09/2016

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 10.30 a 14.00 h e de 17.30 a 20.00 h. Domingo y festivos de 10.30 a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Artista intimista, conta máis de 20 anos de traxectoria forxada en numerosas exposicións individuais ou colectivas como: "Illados" no castelo de Santa Cruz(cadro que representa esta exposición), "Los ojos de Ulises" na Fundación Exponav en Ferrol, o Salón internacional de otoño en Sarria, "Atlánticos" na República das artes en Vilanova de Cerveira, "Vestixios" no Centro Cultural Marcos Varcálcel en Ourense, "100 títulos" no Forum Cultural Vilanova de Cerveira, "Espazos interpretados" e a colectiva quinto aniversario nos espazos de arte Virxe da Cerca, entre outros moitos proxectos.

A contemplación da súa obra remítenos inmediatamente ao realismo americano do século XX, un estilo que fai seu creando unha linguaxe propia e persoal no que a arqutectura é a protagonista: fábricas, paisaxes industriais, madeireiras, arsenais, estacións, espazos interpretados nos que a figura humana non aparece representada pero está presente nos seus vestixios, nas súas pegadas. É precisamente esta interpretación da arquitectura, a súa observación da paisaxe e natureza, e unha especial sensibilidade no tratamento da luz (clara influencia dos impresionistas) o que fai que encontremos na obra de Mila Vázquez unha inusual beleza, en paisaxes cotiás propias da crónica urbana.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión