Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

As vellas non deben de namorarse. Teatro Airiños

En 1933, arredor do Centro Galeguista de Asados (Rianxo), nacía Airiños, a compañía teatral máis antiga de Galiza. Sobreviviu até hoxe, mantendo a que foi a súa máxima principal: representar as súas funcións en galego. Involucrou boa parte da parroquia durante catro xeracións, forxando así o seu carácter de teatro comunitario e amador.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

15/02/2025

Ya ha finalizado

Horario:

19:30 h 

Duración:

90 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde e coa entrada libre ata encher a capacidade do auditorio, que abrirá as portas quince minutos antes da función

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

O seu director dende os anos 40 foi Ramón Pimentel Castaño. Dende finais dos anos 90 pasou a ser axudado nas labores de dirección polo mestre Xesús Santos, o cal quedaría á fronte do grupo trala progresiva retirada do seu antecesor.

En 2008, coincidindo co 75 aniversario, recibiu un premio da Asociación Alexandre Bóveda da Coruña «pola súa defensa do idioma e a cultura galega durante máis de tres cuartos de século». Nese mesmo ano publicouse o libro Cadro Artístico Airiños: 75 anos, que recibiu os premios de edición Anuaria e Desing & Desing no 2009. Tamén no 2009 a compañía recibiu o premio do Sereno de Bronce de Barbantia na sección de iniciativa cultural no Barbanza.

Nos últimos anos a formación apostou por directoras con formación académica, adaptando Airiños aos novos tempos, sen esquecer nunca a súa identidade.

No ano 2010 a directora da compañía pasou a ser Esther F. Carrodeguas. No ano 2012 recibiu o premio Ángel Velasco Montoya da Asociación Amigos del Teatro de Valladolid. En novembro de 2012 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación. No 2013 inaugurouse a exposición 75 anos do Cadro Artístico Airiños, con pezas, vestiario e textos da historia da compañía. Nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro.

No 2018 a súa directora pasou a ser Amantia Coello. Nesta época interpretou as obras Unha Primavera para Aldara (2019), República Sideral (2022) e As vellas non deben namorarse (2023, adaptación da obra de Castelao). Ao longo de 2023 o grupo celebrou o seu 90 aniversario coa publicación dun libro de toda a súa historia, unha exposición e unha romaría, e foi galardoado pola compañía Teatro de Balugas (Balugães, Barcelos) co Prémio Palco de Terra.

As vellas non deben namorarse

Castelao escribe Os vellos non deben de namorarse durante a súa estadía en New York no 1939 "para regalía do pobo galego". Unha obra dramática que conxuga a tradición galega coa vangarda europea. O grupo Airiños quixo revisar este clásico para observar que ocorre "se os vellos pasan a vellas e deixamos paso a outras identidades". A encargada deste experimento foi Amantia Coello, quen tamén dirixe e se encarga da escenografía.

As vellas non deben namorarse é unha farsa en tres lances na que se conta a historia de tres vellas que se namoran e das dramáticas consecuencias que os amores serodios terán para elas. É unha adaptación do clásico de Castelao, na que se xoga a cambiar xénero, identidade e orientación sexual dos personaxes sen se afastar do texto orixinal.

A escenificación conta ademais con música orixinal e un vestiario que nos achega á actualidade, creando unha mostra interdisciplinar de humor e reflexión sobre as relacións humanas. A nova versión non só consiste en trocar o 'o' polo 'a', senón que leva a toda unha reflexión sobre o amor, a idade, a morte e os intereses económicos e sociais.

Adaptación e dirección: Amantia Coello

Elenco: Merchi Pimentel, Ramona Fernández, Raquel Lodeiros, Miguel Silva, Manu Morán, Noel Pérez, Noelia Fernández, Graciela Muñiz, Mari Santos, Lucía Casal, Fran Gómez, Álvaro García, Héctor Figueiro.

Escenografía: Nove Noel, Héctor Figueiro

Deseño do vestiario: Graciela Muñiz, Merchi Pimentel, Amantia Coello, Teatro Airiños

Espazo sonoro: Manuel Morán, Amantia Coello

Produción musical: Manuel Morán

Deseño Gráfico: Miguel Silva

Deseño da iluminación: Fran Gómez, Amantia Coello

Control de son e iluminación: Irene Fernández, Amantia Coello

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión