Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«Astronomía para manter o alento da ciencia»

Charla a cargo da astronoma afgá Amena Karimyan

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/03/2023

Xa rematou

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Organiza:

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración con Museos Científicos Coruñeses

Amena Karimyan é enxeñeira e unha apaixonada pola astronomía. Tamén lle apaixona ensinarlle astronomía a outras mulleres e nenas do seu país, Afganistán, e por iso en 2018 fundou na cidade de Herat, co estudante de enxeñaría Sohail Karimi, o Grupo Astronómico Kayhana, un colectivo educativo.

Nun país no que non existía nin unha facultade nin un centro de formación en astronomía, o grupo Kayhana abordou o obxectivo de dar a coñecer as ciencias do ceo. A través dun programa de seminarios e obradoiros, Kayhana fíxose un oco nas escola e achegou o coñecemento científico á mocidade afgá, e moi en especial ás nenas e ás mulleres.

O regreso ao poder dos talibáns en 2021 impuxo no seu país graves restricións á educación, pero o grupo Kayhana segue traballando desde Alemaña, país onde tivo que refuxiarse Amena Karimyan.

Na súa conferencia fará unha breve recensión cultural e histórica da astronomía afgá, da historia e o programa educativo do grupo astronómico Kayhana e dos seus obxectivos para o futuro.

Impartirá a charla en lingua farsi, pero haberá tradución consecutiva ao castelán.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión