Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Atchúusss!!!

Sobre textos humorísticos de Antón Chéjov

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/06/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Na longa lista de textos humorísticos que escribiu Antón Chéjov (co pseudónimo Antosha Chejonte que usou durante a súa mocidade) o autor, dotado dunha ilimitada capacidade de comprensión e unha inmensa piedade, converteu en protagonistas a uns pobres diaños que ata entón só serviran de foriño, coro e paisaxe de fondo doutros personaxes moito máis poderosos; a moitísimos homes, mulleres, nenos e ata animais, cada un deles coas súas mesquindades e os seus heroísmos, as súas covardías, as súas avaricias, as súas ansiedades, os seus fastíos, as súas enfermidades, as súas ilusións, as súas ridiculeces, as súas pequenas ousadías e os seus grandes arrepentimentos. E non en bloque, senón (oh xenialidade!) de un en un, como sen dúbida se merecían; é dicir, merecémonos. Deles (e de nós) trata esta obra.

É lóxico pensar que Chéjov se inspirou nos pacientes que como médico recibía ou visitaba para escribir os numerosísimos personaxes que imaxinou. Non é estraño supoñer que a primeira vez que entrou en contacto con eles fose na súa consulta ou no mesmo dormitorio do enfermo. Ou sexa que na orixe de moitos deles é case seguro que hai unha enfermidade. Nós quixemos unificar esa suposta enfermidade en todos os que aparecen no espectáculo…, e hai algo máis común que un arrefriado? O catarro é, seguro, a enfermidade máis humilde e compartida. É tamén moi contaxioso. Ás moitas debilidades que Chéjov derramou sobre todos eses seres, nós engadímoslle unha molestia, irrisoria para quen non a padece, pero irritante para quen a sofre. Os personaxes, á parte de bregar cos seus problemas, deberían acudir a un médico tan comprensivo como o foi o seu autor. Ademais de que tras un acto involuntario pola nosa banda, como é un estornudo, qué vulnerables estamos ás consecuencias que pode abocarnos este acto no noso destino… A que traxedias pode arrastrarnos… Como explicar que non hai intención política ou antisocial nun simple estornudo ou unha ventosidade?… Meu deus, as nosas vidas a mercé de… mellor non pensalo…

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión