Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Aula aberta de informática Cemit

Co servizo de "Aula Aberta" facilítase o uso libre e gratuíto do equipamento da aula informática Cemit, contando con apoio e asesoramento profesional.

A quen vai dirixido?:

A todos os públicos. Os/as menores de 14 anos deberán permanecer acompañados dunha persoa adulta.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/04/2015 ata o 30/04/2015

Xa rematou

Horario:

Luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30.

Martes e xoves de 16:30 a 19:30

Sábados de 11:00 a 13:00

Enderezo:

Centro Cívico Eirís. Rúa Terranova de Eirís 7. 15009 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

É necesario inscribirse como usuario da rede Cemit, e facer uso dos equipos informáticos co usuario e contrasinal establecida no proceso de rexistro.

Podes realizar o rexistro a través desta ligazón ou a través da páxina web ww.cemit.xunta.es

No Centro Cívico de Eirís dispoñemos dunha aula de informática Cemit, pertencente á rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, posta en marcha pola Xunta de Galicia.

Durante o mes de abril o servizo de Aula Aberta estará dispoñible no seguinte horario:

  • Luns, mércores e venres: 10:30 a 13:30
  • Martes e xoves: 16:30 a 19:30
  • Sábados: 11:00 a 13:00

O xoves 23 de abril e o mércores 29 de abril non haberá servizo de Aula Aberta, debido á programación de actividades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión