Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Aventura coas focas

Sesións para abril, maio e xuño de 2025

A quen vai dirixido?:

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.

Os nenos e as nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/04/2025 ata o 29/06/2025

Xa rematou

Inscricións:

Prazas esgotadas

Horario:

Das 11.00 ás 12.30 horas, os días:

  • 5, 6, 12, 13, 26 e 27 de abril
  • 3, 4, 17, 18 e 31 de maio
  • 1, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xuño

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

216 prazas en total, 12 prazas por sesión

Prezo:

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que cada visitante deba aboar para entrar no recinto.

Requisitos:

Require a reserva de entradas para todas as persoas participantes. Poderanse realizar as reservas a partir das 9.00 horas do 26 de marzo, premendo aquí.

O Aquarium Finisterrae abre a reserva de entradas para as sesións do segundo trimestre de 2025 da actividade "Aventura coas focas".

Trátase dun taller de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade participarase na preparación dos alimentos e accederase ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados/as durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous/dúas menores.

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar a partir do xoves 9 de xaneiro ás 9.00 da mañá.

As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión.

Tamén che pode interesar...

  • A terra por gañar 04.05.2026

    Documentais do Barrio: A TERRA POR GAÑAR

    Cando:

    04/05/2026

  • Danzas do mundo

    Obradoiro: Danzas do mundo

    Cando:

    04/05/2026

    Inscricións:

    Dende o 27/04/2026 ata o 04/05/2026

    Require inscrición

  • Fotografía color de dos personas mayores consultando el móvil en un ambiente hogareño

    Obradoiro da App do SERGAS

    Cando:

    Dende o 04/05/2026 ata o 05/05/2026

    Inscricións:

    Dende o 27/04/2026 ata o 03/05/2026

    Inscrición en liña

  • “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú

    “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú, ás 17.00 h (auditorio)

    Cando:

    05/05/2026

    Inscricións:

    Dende o 01/05/2026 ata o 05/05/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

  • Os Ratos de Lonxedetodo coas maletas indo de viaxe.

    Merendas con contos: Cores e persoas. Diversidade de xénero

    Cando:

    05/05/2026

    Inscricións:

    Dende o 28/04/2026 ata o 05/05/2026

    Require inscrición.

  • “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú

    “Lingoreteira!”, de Xarope Tulú (auditorio)

    Cando:

    05/05/2026

    Inscricións:

    Dende o 01/05/2026 ata o 05/05/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión