Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

BACANAL do Circo dos Horrores

Conta a lenda que Lucifer, mestre de cerimonias, ofrece aos humanos unha noite de excesos, luxuria e pracer a cambio da súa alma.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/04/2022 ata o 24/04/2022

Xa rematou

Horario:

21/04/2022: 20.00 h

22 e 23/04/2022: 18.45 e 22.00 h

24/04/2022: 17.00 h

(apertura de portas desde 1 h antes do inicio da función)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Día 21: 60,00 / 30,00 / 24,00 / 20,00 € (segundo zona)

Día 22 (18.45 h): 60,00 / 35,00 / 28,00 / 24,00 € (segundo zona)

Día 22 (22.00 h) e día 24 (17.00 h): 60,00 / 40,00 / 32,00 / 24,00 / 22,50 € (segundo zona)

Día 23 (18.45 e 22.00 h): 60,00 / 45,00 / 36,00 / 27,00 / 22,50 € (segundo zona)

As zonas son

  • Platea mesas Experience (Fila 1)
  • Platea mesas (Filas 2 a 7)
  • Platea (Filas 8 a 21)
  • Tendido Baixo (sentado numerado)
  • Tendido Baixo Lateral (sentado numerado)

Entrada nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidadde as mesmas, nin devolucións.

O titular da mesma debe indicar o seu nome, apelidos e DNI tal e como figuran no seu documento nacional de identidade.

O titular da entrada deberá identificarse, presentando o seu DNI xunto á súa entrada, no acceso ao recinto.

Non está permitido o acceso a menores de 16 anos. Autorízase o acceso a menores entre os 16 e 18 anos con autorización de pai/nai ou titor

Televenda:

Ataquilla.com

Documentos:

Autorización Acceso menores 16 -18 anos Circo dos Horrores (391 KB)

Bacanal é un show único, irreverente e sensual, que chega para avivar os instintos máis básicos do ser humano, os seus desexos máis ocultos e dar renda solta aos praceres máis carnais.

Lucifer, artífice deste festín, ofrece aos seres humanos, ávidos dunha noite de frenesí e luxuria, unha gran orxía de sensacións que non entende de límites nin regras.

Un espectáculo único de que Circo de los Horrores agudizará os teus sentidos e espertará as túas fantasías máis ocultas.

* Non está permitido o acceso a menores de 16 anos

* Autorízase o acceso a menores entre os 16 e 18 anos con autorización de pai/ nai ou titor

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente días de concerto desde as 17:00 h
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión