Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Xurxo Souto, entre os convidados especiais da Banda Municipal para a súa programación de agosto.
Para público en xeral
Os días 08/08/2024, 18/08/2024, 22/08/2024, 29/08/2024
Xa rematou
8 de agosto: 20.00 h
18 de agosto: 21.00 h
22 de agosto: 20.00 h
29 de agosto: 20.00 h
Entrada libre ata completar capacidade
A programación deste mes comezará este xoves 8 na praza da Tolerancia (20.00 horas), onde a Banda interpretará 'América de norte a sur', unha actuación na que o público asistente poderá gozar de composicións próximas a xéneros musicais do outro lado do Atlántico, coma o jazz, o tango e sons latinos.
O domingo 18 (21.00 horas), na praza de María Pita, terá lugar 'A noite das cancións extraordinarias', na que a BMMC estará acompañada por Rosa Cedrón -voz de Luar na Lubre durante case unha década-, Paco Lodeiro, Xurxo Souto e Miguel Ladrón de Guevara. O director titular da Banda, Juan Miguel Romeu Llopis, levará a batuta do concerto nesta velada que homenaxeará á canción galega.
A actuación en María Pita será o paso preliminar á volta da Banda ao Campo da Leña, onde xa deixou o seu selo durante o mes de xuño cun ciclo de concertos a pé de rúa. O xoves 22 (20.00 horas), o cantante de orquestra galego Antonio Barros acompañará á formación coruñesa para dar forma á 'Verbena sinfónica', un programa inspirado precisamente na música de verbena, e que tivo unha gran recepción por parte do público da cidade noutra actuación que tivo lugar no Ágora o pasado mes de febreiro, tamén con Barros sobre as táboas do auditorio
A programación de agosto pecharase precisamente no Campo da Leña. Será o xoves 29 (20.00 horas), coa BMMC e o gaiteiro José Manuel López 'Josele', nunha actuación próxima á música galega e irlandesa.

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible