PROXECCIÓN CANCELADA polas medidas adoptadas contra a expansión do coronavirus. Proximamente informarase sobre o posible cambio de data e/ou o procedemento de devolución do importe das entradas mercadas.
Para público en xeral
Dende o 19/03/2020 ata o 21/03/2020
Xa rematou
Cancelado
* xoves e venres ás 20:30 h
* sábado 17:30 e 20:30 h
* Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)
* Sesión do/a espectador, sábado 17.30 h: 1,50 euros
Guglielmo é un home de inmaculada fe cristiá, propietario dunha tenda de artigos relixiosos e alta moda para bispos e cardinais.
A súa parella, Lida, devota consorte desde hai 25 anos, decide abandonalo xustamente o día do seu aniversario, botando por terra o seu universo e as súas certezas. Á súa tenda non tardará en chegar unha imprevisible candidata a dependenta: Luna, unha moza de barrio moi descarada e perturbadora, tan voluntariosa como incapaz. Nada será igual desde ese día: Luna apúntao a Tinder, e Guglielmo, solteiro en apertos, descubrirá o sorprendente mundo das citas a cegas e os intentos de mulleres dispostas a todo con tal de atopar a súa alma xemelga.
Con: Kazunari Ninomiya e Gou Ayan
Italia, 2018 - 110 min (VOS en castelán) Formato: Blu-ray
Non recomendada para menores de 12 anos

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible