Interésache a música?? Queres ser un hacker da música??
De 8 a 14 anos
Infantil, Xuvenil
Dende o 29/02/2020 ás 11:30 ata o 21/03/2020 ás 13:30 , os sábados
Xa rematou
Dende o 22/02/2020 ata o 29/02/2020
Require inscrición
de 11.30 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Sempre se fala de hackeo como sinónimo de algo ilegal ou prohibido. Pero podemos definir a palabra "hackear" como curiosidade. Facerse preguntas como que é isto? e que pasaría se...?
Hackear é tamén explorar os límites e tentar expandilos. Torcer as regras. Polo xeral os aparellos cos que interactuamos todos os días están encerrados dentro dunha caixa. Non podemos ver o que hai dentro. Como músicos e amantes do audio pensamos:
É posible torcer as regras da música?
É posible crear un dispositivo que permita explorar os límites e novas formas de aprender o que hai atrás dunha bonita canción?
A través da música buscamos abrir a caixa que encerra a todos os aparellos que nos rodean e espertar a curiosidade. Poderás non só crear música, senón ademais entender a ciencia detrás da canción.
Doutra banda, empezar a pensar a música non só desde un lugar de oínte que non fai máis que escoitar, senón como alguén que pode interactuar co que está a escoitar. E despois, quen sabe? As posibilidades son infinitas.
Traballaremos as aptitudes lóxico-matemáticas, electricidade, electrónica, química e son. Cun objectivo claro: promover o coñecemento científico, a curiosidade mediante a experimentación coa música mediante o uso da tecnoloxía.
Libera a túa imaxinación sen límites!

Dende o 23/09/2026 ata o 24/09/2026
Dende o 16/09/2026 ata o 23/09/2026
Inscrición en liña

Dende o 21/09/2026 ata o 25/09/2026
Dende o 14/09/2026 ata o 26/09/2026
Inscrición presencial na biblioteca

Dende o 10/08/2026 ata o 27/09/2026

Dende o 28/09/2026 ata o 29/09/2026
Dende o 21/09/2026 ata o 28/09/2026
Inscrición en liña

Os días 01/10/2026, 06/10/2026

15/10/2026
Dende o 08/10/2026 ata o 14/10/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible