Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cabalgata 2026 - Bases para regular a participación cidadá

Bases para regular a participación cidadá na Cabalgata de Reis 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/12/2025 ata o 07/01/2026

O período de inscrición comezará o martes 9 de decembro de 2025 ás 9.00 h e finalizará o xoves 11 de decembro de 2025 ás 14.00 h, aínda que, se non se ocupan todas as prazas, o prazo poderase prolongar.

Publicación de listaxes provisionais e corrección de erros: venres 12 de decembro de 2025

Publicación  da listaxe do sorteo con persoas admitidas e lista de espera: martes 16 de decembro de 2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/12/2025

Poderanse inscribir todos os nenos e nenas que, na data do 31 de decembro de 2025, estean empadroados/as na cidade e teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos (nacidos/as en 2014, 2015, 2016, 2017, 2018)

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

Bases para regular a participación cidadá á Cabalgata de Reyes 2026 (269 KB)

Listaxe admitidos para o sorteo de figurantes - Cabalgata 2026 (171 KB)

Os datos que se deben facilitar son os seguintes:

-Nome, apelidos e data de nacemento (idade)

-Nome e apelidos do pai, da nai ou representante legal do/a neno/nena, se é o caso, e autorización da participación do/a neno/nena na cabalgata.

-Teléfonos de contacto (fixo e móbil)

-Correo electrónico

-Autorización de uso de imaxe

-Lugar de empadroamento

A inscrición realizarase por orde correlativa de recepción das solicitudes debidamente cubertas, e asignaráselles consecutivamente a cada unha delas o número de solicitude correspondente. Só se validará unha única inscrición por nena ou neno.

A presentación da solicitude de participación implica a aceptación incondicionada das presentes bases.

Pode consultar as bases completas premendo na seguinte ligazón.

Bases para regular a participación cidadá na Cabalgata de Reis 2026

O período de inscrición comezará o martes 9 de decembro de 2025 ás 9.00 h.

Para inscribirse prema no seguinte formulario:

https://www.coruna.gal/web/gl/comunicate/inscricion-para-figurantes-na-cabalgata-de-Reis-2026

Listaxe de persoas admitidas para o sorteo de figurantes - Cabalgata 2026

Listado admitidos para el sorteo de figurantes - Cabalgata 2026

Quere seguir o sorteo? Prema aquí na ligazón do sorteo

Publicación da listaxe de sorteo con persoas admitidas e lista de espera o martes 16 de decembro de 2025

Lista de adxudicacións para o sorteo de figurantes - Cabalgata 2026

Listado adjudicaciones sorteo figurantes Cabalgata 2026

Documentos relacionados

  • Listado adjudicaciones sorteo figurantes Cabalgata 2026 (100 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión