Carlos Núñez réndelle homenaxe a Ludwig van Beethoven tras o 250 aniversario do seu nacemento, interpretando obras compostas polo propio Beethoven, baseándose en melodías ancestrais irlandesas, escocesas e galesas.
Para público en xeral
17/12/2021
Xa rematou
20.30 h
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
teatrocolon@coruna.gal
Trátase de case 200 cancións, non compuxo tantas obras de ningún outro xénero. Son practicamente descoñecidas, a pesar de que lles dedicou moito esforzo, tempo e entusiasmo nos seus 15 últimos anos de vida. Escribiunas en paralelo á sétima sinfonía, coa que comparten moitos elementos, ata o punto de ser chamada a "Sinfonía Irlandesa", ou a "Apoteose da danza", como dicía Wagner, que chegou a danzar unha das súas jigas, mentres Liszt, o seu sogro e mentor, a tocaba ao piano.
Carlos Núñez recupera na súa interpretación os tempi, ornamentación e espírito da música tradicional, nun concerto situado entre o poderío ben coñecido de Beethoven e a sorprendente mestizaxe cultural xa imaxinada polo mestre hai dous séculos.
Carlos acaba de estrealo en Francia en versión orquestral, xunto á Orchestre National de Bretaña e a estrela da ópera Bryn Terfel, con excelentes críticas de Le Monde e os principais xornais do país galo.
Carlos homenaxeará tamén a The Chieftains e Paddy Moloney, o seu mentor e mestre recentemente falecido, do que se despediu xunto a multitude de artistas en Dublín. Sorprendentemente, Beethoven utilizou para as súas composicións melodías tradicionais irlandesas, que tamén inspiraron os Chieftains, por exemplo composicións do arpista Turlough O'Carolan, que xa na súa época fusionara a música tradicional irlandesas coas correntes do barroco europeo de moda.
VENDA DE LOCALIDADES
11/05/2024
12/05/2024
13/05/2024
19/05/2024
19/05/2024
21/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible