CASA! é un espectáculo de Aldaolado con banda. A esencia é a mesma: a poesía como protagonista dunha velada na que, desta vez, adquire unha nova dimensión que achegan Macarena Montesinos ao baixo, Violeta Mosquera á batería e Mig Seoane á guitarra.
Para público en xeral
18/03/2022
Xa rematou
20.30 h
Pídese puntualidade
70 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Libre, ata completar a capacidade
URDIME Produción
Van xa máis de quince anos de Aldaolado como dúo referente da poesía escénica do país, cun formato todo terreo quen de crear complicidade cos públicos máis diversos, coa intimidade e inmediatez coa que xoga a súa posta en escena. A nova proposta, máis armada e impoñente, outórgalles outra importancia aos momentos musicais, que foron gañando un lugar central compartido coa poesía nos últimos anos, e que culminaron o pasado mes de setembro coa publicación do álbum CASA!, producido por Mig Seoane. CASA! é o primeiro traballo sonoro gravado de Aldaolado, dispoñible en todas as plataformas, despois de teren asinado como dúo o libro Ninguén morreu de ler poesía (Xerais, 2020).Tras toda unha traxectoria bebendo da oralidade e do directo máis acolledor, chega un agardado Aldaolado con banda, unha proposta máis expansiva para vestir as creacións das dúas poetas con novas texturas e acompañamentos sen ter que renunciar á proximidade de sempre. Nesta viaxe tamén se embarcou a artista Greta Debelius, que deseñou o cartel para a estrea na Coruña da Banda Aldaolado.
As compoñentes da banda son: Lucía Aldao, María Lado, Mig Seoane, Violeta Mosquera e Macarena Montesinos.

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible