O martes 19 de xullo, ás 19.00 h, falaremos sobre o libro "Calibán y la bruja", de Silvia Federice. Neste encontro, con Cristina Bajo, socióloga e activista feminista, faremos unha reflexión e debate sobre a cuestión que a autora propón no libro.
Para público en xeral
19/07/2022
Xa rematou
19.00 h
Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002
Para asistir á charla-coloquio debe inscribirse aquí
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A. C. Alexandre Bóveda
Rúa Olmos, 16, 1.º
15003 A Coruña
Teléfono: 981 200 869
Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)
Calibán y la bruja é un clásico e un referente dentro da literatura feminista. A autora, con máis de trinta anos dedicados a repensar os procesos e postulados históricos desde unha perspectiva feminista, fai nesta obra unha revisión crítica a varias premisas do marxismo.
Esta actividade realízase en colaboración co colectivo Pedro Galán, como peche do curso que se centrou na aprendizaxe e no estudo das formas de interrelación das opresións patriarcal, colonial e de clase no capitalismo moderno e contemporáneo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible