Na Domus o xoves 19 de agosto ás 19.30 h con entrada gratuíta e capacidade limitada. As invitacións repartiranse por orde de chegada desde as 19.00 h.
Para público en xeral
19/08/2021
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Limitadas debido á situación sanitaria actual
Gratis
Recoller invitacións na entrada da Domus desde media hora antes de que comece a conferencia, rexistrarse e portar máscara durante todo o tempo que se permaneza no museo.
Coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Baixo o título «O Telescopio Espacial James Webb: mirando cara atrás no tempo», a enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA Begoña Vila compartirá os seus traballos, o vindeiro xoves 19 de agosto ás 19.30 h na Domus, sobre o telescopio máis grande e complexo que lanzásemos nunca ao espazo. Cun espello composto doutros máis pequenos, un gran parasol que se abrirá en órbita e instrumentos que funcionarán a -230° C, o Telescopio Espacial James Webb (JWST) axudará a ver a infancia do noso Universo e a descubrir planetas candidatos para a vida. Nesta charla, Vila profundará na nova etapa de exploración espacial que se abre grazas ao JWSR, que se lanzará en novembro de 2021.
27/05/2024
Acceso libre ata completar capacidade
30/05/2024
Dende o 23/05/2024 ata o 30/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible