Actividade enmarcada no programa de divulgación científica: PARA SABER +
Persoas adultas, Xuvenil
31/10/2022
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade.
Das 19.00 h ás 20.30 h
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xorde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d.
Este grupo desenvolve unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.
O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19.00 h na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar a capacidade.
O luns 31 de outubro temos a segunda charla do programa:
Submisión Química
A cargo das doutorandas e membros de UDCiencia Raquel Pérez Guevara e Icía Lista Pombo.
A administración de substancias químicas a unha persoa, sen o seu consentimento e sen o seu coñecemento incrementou notablemente e adquiriu grande relevancia social.
Na charla informaremos en que consiste realmente este fenómeno, que substancias poden estar implicadas, e cales son os síntomas principais, facendo especial fincapé no consumo de alcol.
Tamén che pode interesar

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible