Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ciclo Principal: Don Ramón María del Valle-Inclán

De Xavier Albertí Pedro Casablanc: Premio Mellor Actor Protagonista nos Premios Talía 2024

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala.

Pídese puntualidade.

Duración:

65 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Esta é a historia dun momento onde escribir e vivir podían aínda conxugarse sinonimamente. Hai escritores que deciden selo para ensinarnos un virtuosismo, para ensinarnos unha forma de tecer con sílabas, palabras, acústicas ou formas de mirar, e hai outros que primeiro necesitan vivir un berro interior e despois de vivilo saben tecer con palabras esa vivencia. Esta é a historia dun Madrid que xa non existe, un Madrid que naceu no cambio de século despois da perda dunha guerra, dunhas colonias, da perda dunha esperanza, dunha forma de entenderse no mundo. Un Madrid que se empeza a construír co desastre de Cuba, Filipinas e Porto Rico e que se desvanecerá con outra guerra, a do 36. Esta tamén é a historia da bohemia, das vangardas, da pintura, da música e de como os medios de comunicación de masas chegan á nosa cultura para non irse xamais. É a historia dunha mirada, a de Don Ramón Gómez de la Serna. A mirada atopa unhas palabras e esas palabras buscan un eco na vida e a obra de Don Ramón María del Valle Inclán. É un diálogo, un diálogo entre ecos, un diálogo fantasmagórico, un diálogo desde as ausencias. É unha reflexión sobre a validez da literatura para entender a vida. É a literatura como columna vertebral dunha vida. É un espectáculo que nos ten que facer intuír, entender, sintonizar, vibrar, sentir os ecos dunha época impresionante, dunha época onde a arte e a vida se daban a man. Quizais esa época volva estar viva entre nós.

Con Pedro Casablanc

Piano: Mario Molina

Dirección: Xavier Albertí

Produción do Teatro Español e Bravo Teatro

*Venda de entradas soltas a partir do 6 de setembro

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Tamén che pode interesar...

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Sinte 10.04.2026

    SEN NUMERAR Primavera 2026 - SINTE de Cris Balboa

    Cando:

    10/04/2026

  • Imaxe da peza

    TRCdanza: Quiso negro

    Cando:

    11/04/2026

  • “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    “Contos debuxados, debuxos contados”, de Caxoto e Marc Taeger

    Cando:

    14/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Javier Martín

    TRCdanza: O Ponto impropio A/S/V

    Cando:

    17/04/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión