Freud vs C.S. Lewis
Para público en xeral
Os días 23/10/2015 ás 20:30 , 24/10/2015 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, +65 anos, desempregados, -20%, previa presentación do documento que acredite devandito desconto).
*Venda de entradas soltas a partir do 7 de setembro.
A obra discorre en Londres o día en que Inglaterra declara a guerra a Hitler. Nesa xornada crucial para Occidente, Sigmund Freud, o pai da psicanálise, con 83 anos, recibe a Clive Staples Lewis, de 40 anos, prometedor catedrático da Universidade de Oxford.
Os dous xenios discreparán, de maneira irónica, aguda e mordaz, sobre o amor, o sexo, a arte, a existencia de Deus e o sentido da vida, vinte días antes de que Freud se quite a vida.
A sesión final de Freud, fabulada polo dramaturgo estadounidense Mark St. Germain, é unha extraordinaria obra de teatro profundamente conmovedora, chea de humor e que explora as mentes, os corazóns e as almas de dous homes brillantes que tratan, nun duelo sedutor, preguntas profundas dunha maneira agradablemente comprensible.
Con Helio Pedregal, Eleazar Ortiz.
Dirección: Tamzin Towndend.
Autor: Mark St. Germain.
Compañía: Fundación UNIR.
Duración: 100 minutos.
Venda de entradas:
Despacho central de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función, de 12.00 a 14.00 h. e de 18.00 a 20.00 h.
Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h.
Televenda: 902 504 500.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Os días 27/12/2025, 28/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible