Produción Berrobambán
Para público en xeral
Dende o 25/09/2026 ata o 26/09/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
De Paula Carballeira
Hai linguas que só teñen unha palabra para o abandono, pero iso non quere dicir que non haxa diferentes maneiras de deixar para sempre algo, alguén, a ti mesma, e pouco importa que intentes cambiar de espazo que creas que indo ao Xapón conseguirás afastar de ti o abafo, a culpa ou as pantasmas. Non existe un lugar no mundo onde fuxir da poesía, e a poesía trae de volta os recordos.
Ubasute é un termo xaponés que significa literalmente "abandono dunha anciá" e que se refire ao presunto costume de deixar a un parente vello ou enfermo nunha montaña ou nun lugar afastado.. Existen alusións dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.
Elenco: Rocío González, Xosé Barato, Lez Cameselle
Dirección: Vanesa Sotelo
Dramaturxia: Paula Carballeira
Música: Nacho Sanz
Espazo sonoro: Nvelar
Espazo escénico: Beatriz de Vega
Iluminación: Chiqui Pereira
Vestiario: Lola Armesto
Venda de entradas soltas a partir do 4 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

10/07/2026

30/07/2026

11/09/2026

Dende o 11/09/2026 ata o 12/09/2026

19/09/2026

Dende o 02/10/2026 ata o 03/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible