Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cinema científico na Domus

O cinema da Domus terá unha programación especial de Nadal

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/12/2023 ata o 07/01/2024

Xa rematou

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Prezo:

Incluído no prezo da entrada á Domus, sen custo adicional.

Entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro o cinema da Domus programa a proxección de dous títulos:

  • «Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi». Un documental sobre a traxectoria deste científico autodidacta que tras viaxar ás selvas de Africa se converteu nun dos pais da moderna primatoloxía. Premio Prisma 2023 ao mellor traballo en vídeo. Todos os días ás 12.00 horas.
  • «La mujer que soñaba con números». Un documental sobre a vida de María Andresa Casamayor de la Coma, autora do texto científico máis antigo que se conserva escrito por unha muller española. Premio Prisma 2023 ao mellor proxecto singular. Todos os días ás 16.30 horas (excepto 24 e 31 de decembro, nos que a Domus pecha ás 14.00 horas).

O 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro a Domus estará pechada.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión