Únete ao club de lectura da Gramela (venres) da Biblioteca Ágora!
Persoas adultas
Dende o 03/10/2025 ás 18:00 ata o 03/10/2025 ás 19:30 , os venres
Xa rematou
Dende o 19/09/2025 ata o 31/10/2025
Require inscrición.
Venres, de 18.00 a 19.30 h. Periodicidade quincenal.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Teléf.: 981 189 886
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura.
Se tes máis de 18 anos, se che gusta ler, falar, escoitar, conversar... e tes libres os venres entre as 18.00 e as 19.30 h, apúntante ao Club da Gramela dos venres da Biblioteca Ágora, e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura.
Nós prestámosche os libros (unhas lecturas en papel e outras en formato dixital), ti les, e cada quince días, reunímonos na biblio con outras lectoras e lectores para intercambiar opinións. Non precisas grandes coñecementos de literatura. Simplemente abonda con que che guste ler e debater. Agardámoste!
Tamén che pode interesar

05/12/2025

06/12/2025

06/12/2025

Dende o 04/12/2025 ata o 06/12/2025

Dende o 05/12/2025 ata o 06/12/2025

06/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible