Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Co-Lab: Xornada aberta para produción, presentación e apoio de propostas no marco do Co-Lab

Convocatoria pública

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/09/2017

Xa rematou

Horario:

Ás 10.00 h

Hashtag:

#colab

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

colab@coruna.es

http://colab.coruna.gal

Xornada aberta do Co-Lab

Queredes participar no Co-Lab e tedes unha idea para enriquecelo? Vide o vindeiro sábado 30 de setembro ás 10.00 horas ao Papagaio

Desde o Co-Lab propoñémosvos participar nunha xornada aberta o próximo 30 de setembro a partir das 10 horas no Centro Municipal de Empresa Accede Papagaio, para pensar actividades e accións que axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer a comunidade e o proceso que o laboratorio camiñará nos vindeiros meses.

Este ano o Co-Lab está a desenvolver 6 proxectos de innovación social  mais quere contribuír ao crecemento da súa comunidade sumando outras actividades que, seguendo a liña e principios do Laboratorio, acheguen novas ideas e actividades ao proceso xa en marcha.

Quen pode participar?

Queremos contar coa participación de todas vós no desenvolvemento de actividades que nos axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer a comunidade que emerxeu do Obradoiro do ano pasado seguindo as normas de apertura que definen o compromiso do Co-Lab coa innovación cidadá.

Que tipo de propostas se pode desenvolver?

Todas aquelas que cumplan coas normas de apertura que definen o compromiso do Co-Lab coa innovación cidadá:

  • A antidisciplinaridade e a transversalidade dos saberes
  • O coñecemento aberto
  • O prototipado rápido
  • A xeración de comunidades de aprendizaxe
  • Os coidados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión