Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Colón Cinema

Festival de cinema que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro, con grandes clásicos do cinema proxectados en versión orixinal subtitulada. Ao final de cada proxección desenvolverase un debate con distintas personalidades do ámbito cultural.

A quen vai dirixido?:

Para todos os públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Prezo único s/n: 6,00 €.

Carné novo, maiores 65 anos e desempregados -20%

Familia numerosa -25%

Os descontos non son acumulables entre si.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

MULHOLLAND DRIVE - 24 SETEMBRO

Catalogada en varias listas como a mellor película do S. XXI, a Obra Mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira en 'Vertigo' de Hitchcock para crear unha trama laberíntica onde as personalidades desdóbranse, as preguntas duplican ás respostas e o soño dunha actriz en Hollywood convértese en pesadelo. Máis que unha película, Mulholland Drive é un bellísimo misterio que se alzou co premio ao mellor director no Festival de Cannes.

Coloquio con David Rubín, debuxante de cómic cunha longa traxectoria nacional e internacional referendada por multitude de premios do sector.

O VERDUGO - 1 OUTUBRO

O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro (Pepe Isbert, encarnando a un verdugo do franquismo). O Verdugo é a mellor película de Luís García Berlanga e obra clave da nosa cinematografía, que, baixo o disfrace da comedia, esconde unha feroz crítica a unha España desarrollista kafkiana e deprimente. Unha lección de cinema en fondo e forma, un monumento que se mantén como o primeiro día.

Coloquio con Samantha Hudson, cantante, compositora, produtora, guionista, actriz e icona 360.

O ESPELLO - 22 OUTUBRO

A obra máis bela e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre recordos familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes do espello evocan con nostalxia os fogonazos da memoria. Unha experiencia única para o espectador.

Coloquio con María von Touceda, escritora e crítica de Arte.

CONTOS DA LÚA PÁLIDA - 5 NOVEMBRO

Baseada en varios relatos de corte fantástico do S. XVIII, Kenji Mizoguchi levanta unha obra maxistral sobre dous irmáns que buscan gloria e riqueza. Aos poucos, o sobrenatural invade a realidade e as aspiracións dos protagonistas rompen en mil pedazos mentres o cineasta déixanos varias das imaxes máis perdurables do cinema xaponés. Unha película que se experimenta como un soño cos ollos abertos.

Coloquio con Antonio Muñoz Molina, un dos grandes escritores contemporáneos, Premio Príncipe de Asturias (2013) e Miguel de Cervantes (2019).

TEMPOS MODERNOS - 17 NOVEMBRO

A alienación do traballo nas fábricas e as maquinarias automáticas son o eixo central dunha das cimas do slapstick e da comedia en xeral. Tempos modernos, ambientada na época da Gran Depresión americana, segue vixente en pleno 2026 na súa crítica á deshumanización e ás tiránicas condicións laborais. Chaplin, con todo, sempre garda espazo para a esperanza e a tenrura. Obra Mestra.

Coloquio con Janet Novás, bailarina, actriz e docente. Premio Nacional de Danza (2025).

O SÉTIMO SELO - 3 DECEMBRO

Ingmar Bergman constrúe nesta película unha das imaxes máis icónicas do cinema mundial: a do cabaleiro que regresa das Cruzadas e desafía á mesma Morte nunha partida de xadrez. Mentres, a Europa medieval é devorada pola peste. Este é o escenario apocalíptico que expón o cineasta sueco no sétimo selo, o seu fresco sobre a vida, a morte e o silencio de deus.

Coloquio con Jordi Costa, xefe de exposicións do Centre de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), e un dos críticos cinematográficos máis recoñecidos do país.

SEN TEITO NIN LEI - 20 DECEMBRO

A historia dunha vagabunda (descomunal Sandrine Bonnaire) convértese, en mans de Agnès Varda, nun dos retratos femininos máis extraordinarios do cinema. Sen teito nin lei é unha road movie sobre o desarraigamento. Á súa vez, é un sobrecogedor retrato da inhumanidade da sociedade cos que non encaixan nela. Gañadora do León de Ouro no Festival de Venecia, é unha película que lanza preguntas, interpélanos e atravésanos como só o gran cinema sabe facer.

Coloquio con Lúa Ribeira, fotógrafa que explora, entre outros temas, as dinámicas de exclusión, o feminismo e movementos xuvenís.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión