Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Colón Noir: "El cartero siempre llama 2 veces"

Cine negro en 35 mm

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

3,00 €

- Prezo con desconto: entradas a 2,00 € para carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

"El cartero siempre llama dos veces" (Bob Rafelson, 1946). A acción sitúase en Estados Unidos, durante a Depresión económica, unha época de conflitos, problemas e miseria. A un restaurante dunha estrada secundaria chega un autoestradista (Jack Nicholson). O dono aténdeo e ofrécelle un traballo, pero el rexéitao. Non obstante, cando aparece a muller do propietario (Jessica Lange) do local, o autoestradista decide quedar.

Ao rematar a proxección haberá charla-coloquio con Diego Ameixeiras.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Venda no despacho do Teatro Colón: unicamente días de concerto dende dúas horas antes do comezo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión