Marian Coro Cantabile e Guadi Galego.
Para público en xeral
10/07/2020
Xa rematou
21:30h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
MARIAN LEDESMA
Marian Ledesma presenta, co seu alter ego Marian Divine, a súa mirada sobre o futuro da loita continuada de moitas mulleres e homes que reivindicaron, máis aló da súa raza, credo, xénero ou condición o dereito a expoñerse, a manifestarse e marcaron un antes e un despois na historia desde un escenario.
O vínculo co público é o seu maior poder, a impudencia non é un tabú e, aínda que a clarividencia non sexa o seu forte, sempre fará que cruzarte con ela cambie o teu Futuro.
CORO CANTABILE
O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran proxecto musical e social que integra a rapaces e rapazas arredor da música clásica. Desde o seu nacemento en 2002, Cantabile consegue converterse nun referente musical en toda Galiza grazas ao gran número de concertos e xiras que realiza tanto no panorama nacional como internacional: Viena, Salzburgo, Lisboa, Boloña, Roma, Porto... Ademais, os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria interpretativa e especialmente o seu son e técnica vocal, grazas ao seu director Pablo Carballido del Camino, tenor e mestre de canto.
GUADI GALEGO
Dende sempre as cancións de Guadi Galego versan sobre liberdade, pluralidade e diversidade.
Neste formato acústico Guille e Guadi farán un percorrido por temas importantes da súa carreira cun concerto especial, neste ano no que cumplen 15 anos daquel disco Espido.
Sempre comprometidas, sempre libres.
O acceso é libre ate completar aforo. Podes retirar os teus convites na seguinte ligazón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible