Daniel Pereira Cristo está recoñecido como un dos maiores nomes da música de raíz en Portugal, gañando algúns premios, entre eles o Premio Carlos Paredes en 2018 (un dos principais premios de música en Portugal, outorgado por unanimidade do xurado). Daniel Pereira Cristo soubo levar a música, o canto e os instrumentos tradicionais á actualidade.
Para público en xeral
14/12/2023
Xa rematou
20:15 h
90 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Este concerto, como todo o programa Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, é de entrada libre e gratuíta.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Acompañado das influencias do seu produtor Hélder Costa e dos seus grandes músicos. Este concerto máis íntimo e de trío, céntrase na música tradicional reinventada, na variedade dos seus ritmos e nos diversos sons dos instrumentos tradicionais (en particular, os cordófonos do norte de Portugal).
Nun formato máis reducido préstase unha maior atención á multiplicidade de percusións de André No e ao virtuosismo do acordeonista João Ferreira. A idea sempre comeza explorando a variedade de cordófonos, melodías, ritmos e percusións tradicionais, achegándoos á actualidade.
Nunha dicotomía permanente entre pasado e presente, onde o futuro quere ter lugar e a identidade e as raíces insisten en mostrarse -baixo a vella máxima de saber quen somos, para saber mellor a onde queremos ir e chegar- o lema é promover a pluralidade no mundo e o respecto intercultural, tendo como punto de partida o autocoñecemento e o respecto pola cultura propia - os instrumentos antigos e a música - con especial atención ao cavaquinho e á viola braguesa.
Elenco: DANIEL PEREIRA CRISTO - Cordófonos tradicionais e voz ANDRÉ NO - Percusións JOÃO FERREIRA - Acordeón

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible