Melendi celebra 20 anos da publicación do seu disco debut “Sin Noticias de Holanda” cunha xira na que incluirá cancións dos seus primeiros discos e un novo repertorio que non interpretara nas súas últimas xiras.
Para público en xeral
Dende o 03/11/2023 ata o 05/11/2023
Xa rematou
Días 3 e 4: 21.30 h (apertura de portas: 20.00 h)
Día 5: 20.30 h (apertura de portas: 19.00 h)
Pista: 48,00 €
Tendido Baixo: 52,00 €
Tendido Medio: 45,00 €
Tendido Alto: 38,00 €
A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
No momento da compra das entradas débese debe indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas que vaian asistir tal e como figuran nos seus DNI.
Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberá identificarse presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.
No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seuspropios nas entradas destinadas aos/ás ditas/os acompañantes, e estará obrigado/a a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas/os elas/eles deberanse identificar como integrantes do mesmo grupo.
Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Esmerarte Industrias Creativas SL
"Sin noticias de Holanda" supuxo o inicio dunha carreira musical que levou a Melendi a converterse nun dos artistas máis relevantes ao longo destes 20 anos de historia musical. Para conmemorar o lanzamento do seu álbum debut, Melendi volve ás raíces do seu xénero e anuncia "20 años sin noticias" unha xira que o levará por 10 únicas cidades nas que reinterpretará parte do repertorio dos seus primeiros discos e incluirá cancións que non cantou desde hai máis de 15 anos, ademais de, por suposto, os seus éxitos máis emblemáticos e que se converteron en himnos multixeracionais. En definitiva, a xira que todas as súas persoas seguidoras estaban a desexar que ocorrese dende hai moito tempo e que será neste 2023 en 10 únicas cidades.
Para esta nova xira, Melendi volverá contar con clásicos que andan na memoria colectiva de moitas xeracións, regalándolles aos seus seguidores e ás súas seguidoras unha viaxe emocional a través das cancións como agradecemento por manterse fieis dende os seus inicios. Un emotivo percorrido creando unha ponte entre o pasado e o presente nunha experiencia que será única.
Pero as emocións non terminan aí. A xira "20 años sin noticias" virá acompañada polo agardado lanzamento do seu próximo disco, tamén titulado "20 años sin noticias", que verá a luz a finais deste mesmo ano.
O álbum non só revisita os éxitos dos seus primeiros anos, senón que tamén os reinventa desde unha perspectiva actual, enriquecendo o seu legado musical co sinal do presente, contando con importantes colaboracións que o artista irá desvelando os próximos días. Un paso audaz e cativador na evolución da súa arte.
Desde o seu debut en solitario, Melendi continuou a súa viaxe musical. Con 24 discos de platino, máis 3,5 millóns de exemplares vendidos ao longo da súa carreira e unha serie de números un e premios, o seu legado é innegable.
Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 3 nov
Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 4 nov
Autorización de acceso para menores de 16 anos _ Melendi 5 nov
VENDA DE LOCALIDADES

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible