DakhaBrakha, a banda máis famosa de Ucraína, chegará no 2023 á Coruña para ofrecer un dos tres concertos previstos en España.
Para público en xeral
20/01/2023
Xa rematou
20.30 h
Apertura de portas: 30 min antes da función
Platea: 22,00 €
Palcos: 20.00 €
Principal: 15.00 €
1.ª fileira principal (VR): 13.00 €
- Prezo con desconto: desconto do 20% para Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas / Desconto do 25% para familia numerosa
*A documentación que confirme a aplicación do desconto presentarase no despacho de billetes no momento de mercar a entrada e o día do concerto no momento de acceder ao teatro.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Nordesía Produccións SL
Este concerto inclúese dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo "SUSEIA ET ULTREIA. Todos os pobos, linguas e tribos presenta a... Dakhabrakha". Un ciclo de concertos que terá lugar en 2023, organizado para gabar a diversidade, tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xustiza social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos países de orixe dos peregrinos a Compostela.
DhakhaBrakha («toma/daca» en eslavo antigo) é un inclasificable cuarteto ucraíno de folk-punk, composto por tres mulleres e un home, que crearon un son fascinante bautizado como "etno-caos". A súa música, diferente a todo o existente, é un transo de asombrosa beleza, decididamente libre e comprometido coa que visitaron os festivais máis prestixiosos do mundo (Glastonbury, Bonaroo, Transmusicales...).
DakhaBrakha crea unha música salvaxe e inesquecible que é á vez sagrada e moderna, unha música contemporánea nova, vital. A banda aparece no escenario coas vestimentas tradicionais, o que, combinado co seu rango vocal asombrosamente poderoso e sen concesións, crea un espectáculo dramático. Á vez que tocan unha multitude de instrumentos, as súas harmonías inquietantes e vangardistas mestúranse con ritmos de violonchello, concertina (pequeno acordeón) e percusión.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible