Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Concerto de Ludovico Einaudi - Underwater Tour

Tras o éxito de bandas sonoras como ‘Nomadland’ e ‘The Father’, o ilustre compositor e pianista Ludovico Einaudi regresa con ‘Underwater’ o seu primeiro álbum para só piano en 20 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/07/2023

Xa rematou

Horario:

22.00 h (apertura de portas ás 20.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Cadeiras Pista (F 1 -10): 100,00 €

Cadeiras Pista (F 10 -30): 80,00 €

Tendido baixo: 70,00 €                            

Tendido medio: 60,00 €                          

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.

No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

Para poder acceder ao Coliseum, o/a titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as súas persoas acompañantes deberá indicar os seus propios nas entradas destinadas aos/ás ditos/as acompañantes, e obrigarse a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todos eles/elas se deberán identificar como integrantes do mesmo grupo.

Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Páxina web:

https://ludovicoeinaudi.com/

Organiza:

Gestión Cultural Art Music Agency SL

Documentos:

Autorización de acceso para menores de 16 anos - Ludovico Einaudi (101 KB)

Underwater naceu no confinamento do 2020, cando o recoñecido compositor aproveitou a oportunidade para escribir cancións na máis pura intimidade: só Einaudi e o seu piano. En palabras do artista, "a música deste disco chegou de forma natural, máis que nunca. Sentín unha sensación de liberdade ao abandonarme e deixar que a música fluíse de maneira diferente. O título Underwater é unha metáfora, é unha expresión dunha dimensión moi fluída, sen interferencias do exterior."

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días de concerto dende as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión