Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Conferencia Galicia: A loita polo aire nun territorio explotado enerxeticamente por terra e mar

Unha conferencia plena de actualidade e de interese, seguida dun debate no que poderán participar as persoas presentes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2022

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Sociedade Recreativa e Instrutiva do Círculo de Artesáns. Rúa San Andrés 36, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

Gratuíta, ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

Reunión Recreativa e Instructiva de Artesáns

Contacto:

San Andrés, número 36

A Coruña

Expoñerase o espolio dos macroproxectos eólicos que afectan ás persoas e aldeas do rural galego, e como iso tamén prexudica gravemente aos veciños e veciñas. Esa dimensión "macro" só ten a finalidade de manter o monopolio enerxético para que o prezo da enerxía continúe sendo o que eles queiran e acaparar o territorio para o seu beneficio particular, poñendo en risco a produción de alimentos, as nosas paisaxes e, por tanto, a nosa saúde e as nosas vidas.

Sabendo que no futuro as fontes de enerxía serán renovables defendemos formatos racionalizados e descentralizados.

Informarase do que está a acontecer cos planos das administracións e das empresas privadas para colonizar os nosos mares coas instalacións de polígonos industriais de eólicas mariñas.

Defenderemos que ao implantar eses polígonos industriais débense respectar dúas liñas vermellas irrenunciábeis:

a) O respecto aos ecosistemas mariños

b) O respecto á actividade pesqueira

Intervirán

-ARANZA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, voceira da plataforma veciñal "Asociación Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo", veciña afectada do lugar do Monte do Gato na parroquia de Fervenzas Aranga e veterinaria de profesión

-TORCUATO TEIXEIRA VALORIA, voceiro da plataforma en Defensa "da Pesca e dos Ecosistemas Mariños", avogado especialista en Dereito Pesqueiro e hino de pescadores

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión